Escoitar

O Concello programa con entidades viguesas actividades para promover o uso da bicicleta

O alcalde, Abel Caballero, presentou hoxe xoves o programa previsto para a celebración do Día Mundial da Bicicleta, que terá lugar o 20 e 21 de abril, en colaboración con A Golpe de Pedal e a ONCE, entre outras entidades colaboradoras. O obxectivo é promocionar o transporte sostible e os hábitos de vida saudables.

xoves, 11 abr 2013
1365681862bici.JPG
O Concello de Vigo, en colaboración con A Golpe de Pedal e numerosas entidades da cidade, celebrará a fin de semana do 20 e 21 de abril o Día Mundial da Bicicleta -que se conmemora o 19 de abril- cunha serie de actividades orientadas a promocionar o seu uso como transporte sostible e os hábitos de vida saudables.

Abel Caballero explicou que a xornada do sábado se reservará para distintas propostas relacionadas coa bici no monte do Castro, como sesións de educación viaria impartidas pola Policía Local de Vigo, clases para aprender a montar sen as rodas laterais de apoio, exhibicións de BMX, tándems da ONCE para experimentar as sensacións dun discapacitado visual sobre este vehículo, nocións básicas para arranxar unha bici, clases para montar nunha eléctrica, xogos de mesa e sesións informativas para nenos sobre seguridade viaria e prevención da obesidade infantil.

O domingo, 21 de abril, unha marcha en bicicleta percorrerá as rúas de Vigo, con saída ás 11 horas desde a Porta do Sol e chegada ao mesmo punto. O percorrido pasa por López Mora, Praza de América, Avda Castelao, Avda Ricardo Mella, Molinos, Samil, Avda Atlántida, Bouzas, Avda Beiramar, Pza de Compostela, Areal, Isaac Peral, García Barbón, Policarpo Sanz e retorno á Porta do Sol. As inscripcións poden facerse na web de A Golpe de Pedal e o mesmo día da marcha, antes da saída.

Os organizadores van entregar a todos os participantes unha bolsa cunha peza de froita, auga e unha camiseta, ademáis dun agasallo -unha litografía- á bici máis orixinal, a máis vella e á familia máis numerosa.

Na celebración do Día Mundial da Bicicleta colaboran a Cruz Vermella, Protección Civil, Vitrasa, a Policía Local e Voluntariado do Concello de Vigo. Tamén participan Novagalicia Banco, a Fundación Celta de Vigo, Frutas Nieves, Froiz, la Agencia Española de Seguridad Alimentaria, Aqualia, la Escuela Oficial de Idiomas de Vigo, R, Centro de Iniciativas Profesionales, Distribucións Volvoreta, Café Campinas, Gas Natural Fenosa, Jocar, Carolina Herrera e Purificación García.
Descargar todas as imaxes