O Concello colabora na exposición que conmemora o 150 aniversario de "Cantares Gallegos"
A Fundación Barrié de Vigo acollerá unha exposición para conmemorar o 150 aniversario da publicación en Vigo de "Cantares Gallegos". O Concello financia de xeito importante esta mostra, ademais de ceder unha obra do Museo Quiñones de León e imaxes do Arquivo Pacheco.
O Conclello de Vigo colabora coa Fundación Rosalía de Castro na organización dunha exposición conmemorativa dos 150 anos da publicación en Vigo de "Cantares Gallegos". Así o acordaron hoxe venres o alcalde de Vigo e o presidente da Fundación, Anxo Angueira, nun encontro no que tamén estiveron presentes o vicerrector de extensión Cultural, Enrique Costas e o presidente en funcións da Real Academia Galega, Xosé Luis Axeitos.
A mostra, que se ubicará na Fundación Barrié, incluirá unha obra cedida polo Museo Quiñones de León, "Praza da Constitución", así como un importante número de imaxes do Arquivo Pacheco. Tal e como explicou o rexedor, esta exposición permitirá poñer en valor o poderío cultural de Vigo hai 150 anos, que personaxes e como a cultura estaba focalizada cara a Latinoamérica, sobre todo a Cuba.
Descargar todas as imaxes