Escoitar
Anuncio de Normalización Lingüística

Vigo en galego con Rosalía. Alumea a túa lingua!

venres, 12 abr 2013
1366374669rosalia.jpg.jpg
Venres 12 de abril

Maratón Musical
-Ás 16:00 h no CRAC de Coruxo (estrada de Camposancos, 226)
-Ás 19:00 h no Centro Cultural de Valadares (camiño do Pedregal, 6)
Actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos, sobre cantigas e poemas de Rosalía.

Rosalía, unha meniña
-Ás 17:00 h na Ludoteca de Lavadores (Ramón Nieto, 302)
Contacontos dramatizado. A vida e a obra, a súa poesía... a historia dunha nena que soubo sentir, escoitar e cantar na lingua nosa. Para toda a familia.

Sábado 13 de abril

Lecturas nos mercados
-Ás 11:30 h no Mercado de Bouzas
Lectura de textos de Rosalía. Todas as persoas que se acheguen ao mercado poderán participar

Regueifada
-Ás 13:30 h no restaurante Ouxo (Suárez Llanos, 24-alameda de Bouzas)
A improvisación oral das regueifas virán de man de especialistas e alumnado que participou no certame escolar de regueifas.

Martes 16 de abril

Vigo, capital do Rexurdimento
-Ás 19:30 h na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2)
Charla sobre o Vigo da época de Rosalía, o Rexurdimento da nosa lingua, a cargo de Xurxo Martínez.

Xoves 18 de abril

Comparte os teus"Poemas"
-As 20:30 no café de Catro a Catro (Girona, 3)
Lectura compartida de textos de Rosalía.

Para máis información destas e doutras actividades de Vigo en galego con Rosalía pode consultar a web www.vigo.org (sección axenda de eventos: Actividades "Vigo en galego")
Descargar todas as imaxes