Escoitar

O goberno local inicia en quince días a humanización da rúa Camelias cun orzamento de 6,5 millóns de euros

A primeira fase da humanización da rúa Camelias comezará en quince días, cun orzamento de preto de 700.000 euros, entre o tramo de Praza Independencia ata a rúa Ourense. O custo da actuación total da rúa ascende a 6,5 millóns de euros e está financiada a cargo do Plan de Investimentos de Aqualia.

venres, 12 abr 2013
1365768129alcalde6.jpg
O goberno local iniciará en quince días os traballos de reposición da rede de abastecemento e saneamento da primeira fase da rúa Camelias, concretamente, do tramo que vai desde Praza Independencia ata a rúa Ourense. Tal e como se aprobou hoxe venres na Xunta de Goberno local, o orzamento é de preto de 700.000 euros e o prazo de execución de 5 meses. Esta obra, que está incluída no Plan de Investimentos de Aqualia, humanizará a rúa na súa totalidade e o orzamento final da actuación elevaráse aos 6,5 millóns de euros.

Durante esta primeira fase, actuarase sobre 150 metros de lonxitude, unha superficie total de 3.000 metros cadrados e uns 1.000 metros cadrados de beirarrúas, que serán tratadas con baldosa de granito gris. Se prevé colocar 5 árbores -a maiores de manter os que xa existen-, 14 puntos de luz, papeleiras, xardineiras. Asimesmo, renovarnse 360 metros de saneamento e 260, de abastecemento. Esta rúa, en estado "calamitoso" sufre, a lo menos, un corte de subministro ao mes, algo que deixará de ocurrer con esta humanización, vaticinou.

Praza Miñoca
Nesta sesión de Goberno, tamén se aprobou o Plan de Seguridade e Saúde da construcción do equipamento social e cultural da Asociación de Veciños de Praza da Miñoca, na rúa Luis Ksado. Cun orzamento de máis de 600.000 euros e unha superficie dotación de 1.645 metros cadrados, construirase un edificio de pranta baixa, en contacto coa praza pública exterior, encaixado na ladeira e con dúas fachadas totalmente contrapostas: unha delanteira, totalmente acristalada e, outra, traseira, moito máis pechada e de formigón armado. Segundo o alcalde, o prazo de execución é de 15 meses pero "probablemente estará rematada a obra nun ano".

Tal e como detallou o rexedor, o proxecto de equipamento recolle as seguintes necesidades: vestíbulo de acceso; zona de administración con control directo da entrada e cunha zona diferenciada para despacho; aula de usos múltiples que poida usarse como aula ou como pequeño auditorio; 4 aulas para impartir cursos; aseos; almacéns; salas de instalcións e espazos complementarios e auxiliares. O uso característico das instalacións é socicultural ou administrativo.

Asimesmo, Caballero indicou que tamén se deu luz verde á contratación de subministro de arbolado e pranta de tempada para a reposición de rúas e zonas verdes, cun importe de 60.000 euros.
Descargar todas as imaxes