O goberno local aproba a creación en Navia dunha horta municipal de 4.000 metros cadrados
Tras a Xunta de Goberno Local, o alcalde informou da decisión de crear en Navia a maior horta urbana impulsada polo Concello ata o momento, 4.000 metros cadrados en Navia que darán servizo a unhas 200 persoas, aproximadamente. Navia únese ás xa existentes en Fontáns, Pedro Alvarado e Camelias.
A horta urbana que creará o goberno de Vigo en Navia ten unha superficie de case 4.000 metros cadrados, a maior das abertas ata o momento polo Concello, seguida do recinto de Fontáns, con 2.300 metros cadrados.
Trátase dunha horta "importante" que podería dar servizo a uns 200 usuarios, despois de que completen os cursos previos, tendo en conta que a de Fontáns, con 2.300 m2, está sendo traballada por 120 persoas.
Abel Caballero estimou en preto de 400 as prazas dispostas polo goberno que dirixe nas catro hortas municipais existentes ata o momento, sumando as 20 da de Camelias e as 70 habilitadas en Pedro Alvarado. O alcalde indicou que esta proposta "funciona" e resaltou que "o máis importante non é a colleita, é o ambiente" da xente que participa e o seu "entusiasmo".