Escoitar

O goberno local iniciará a construcción do novo Parque de Bombeiros de Vigo en Teis

A Xerencia de Urbanismo modificou o uso dotacional da parcela na que se sitúa o Parque de Bombeiros de Teis o que facilitará a construcción de novas intalacións. Así o avanzou o rexedor, quen engadiu que existe xa consignada unha partida de 800.000 euros.

venres, 12 abr 2013
Na Xerencia de Urbanismo deuse luz verde ao cambio de uso dotacional "administración pública" a "servizo público" da parcela sita en Angel de Lema y Marina na que se emplaza o Parque Central de Bomberos. Estamos inciando unha ampliación das instalacións de Teis porque para que, entre outras melloras, exista máis dunha saída. Cunha partida de case 800.000 euros, sinalou o rexedor, iniciarase a construcción do novo parque de Bombeiros de Vigo en Teis.

Durante a reunión semanal de urbanismo, presentouse a Conta Xeral do organismo autónomo, cun saldo positivo de 3,7 millóns de euros, un cambio de remanente que pasa a ser de 5,8 millóns. Segundo explicou o rexedor, rexistrouse incremento importante de ingresos e, por tanto, un aforro que supera os 6 millóns de euros. Concretamente, os ingresos aumentan en 8,2 millóns e os gastos en apenas en 400.000 euros, polo tanto, puntualizou "o saldo positivo establécese con moita consistencia".

Asimesmo, concedéronse 26 licenzas de obra e 5 de actividade para un investimento de 861.767 euros.