Caballero inaugurou a sétima edición de Galiexpo, o maior evento do motor do noroeste peninsular
O alcalde inaugurou este venres Galiexpo Motor Show 2013, o salón referencial do motor que abre hoxe, e ata o domingo, as súas portas no IFEVI con actividades para todos os públicos: animación musical, competición, tuning, recinto infantil e incluso unha pasarela de novos deseñadores galegos. As entradas, a cinco euros.
Galiexpo Motor Show abriu este venres as súas portas no recinto feiral de Cotogrande, coa inauguración oficial a cargo do alcalde de Vigo, Abel Caballero. A sétima edición deste evento do motor referencial no noroeste peninsular conta con 16.000 metros cadrados de superficie e aúna negocio e entretemento.
Abel Caballero indicou na súa intervención que "nin sequera a crise nos vai torcer o pulso" e esta sétima edición ten o "enorme valor" da súa celebración e da "calidade" do mesmo. O alcalde felicitou aos organizadores polo seu traballo, agradeceu ás empresas patrocinadoras o seu respaldo e aos expositores a súa participación, ao tempo que invitou á cidadanía a visitar este evento durante a fin de semana.
Os que se acheguen desde hoxe e ata o domingo ao IFEVI poderán visitar expositores de accesorios e recambios para todo tipo de vehículos, equipos Car Audio, zona infantil e mercado de artesanía. Galiexpo conta tamén con vehículos tuning, clásicos, 4x4, coches americanos, motos e quads, e náutica deportiva.
A proposta desta feira complétase con espectáculos como animacións musicais, unha pasarela con novos deseñadores galegos, o trofeo "Concello de Vigo" Top 25 Tuning e exhibicións do equipo internacional By Power Drift Team. O drifting é un estilo de condución consistente en derrapar de xeito que o vehículo forme un ángulo coa dirección de movemento.
Descargar todas as imaxes