martes, 16 abr 2013
Abel Caballero mantivo este martes unha reunión co comité organizador do encontro luso-galaico sobre adiccións no século XXI, uns 20 profesionais "de altísimo prestixio" que traballan na constitución dos comités e barallan organizar o seu primeiro congreso en febreiro de 2015, en Vigo.
martes, 16 abr 2013
O alcalde de Vigo acudiu este martes ao Museo Verbum, en Samil, onde 100 escolares de sexto de Primaria, procedentes do Seis do Nadal e do Altamar, coñeceron a historia da Reconquista de Vigo coa exposición disposta polo Concello. Ao longo de abril serán 1.400 os alumnos que visiten a actividade.
martes, 16 abr 2013
A Concellería de Igualdade organiza o mércores, 17 de abril,ás 19.00 horas na Casa das Mulleres a presentación do relatorio "Informe territorial dende a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo". Durante esta sesión o equipo investigador presentará as conclusións deste estudo promovido pola Asociación de Mulleres Progresitas en colaboración co Concello de Vigo.
martes, 16 abr 2013
O concerto que terá lugar o mércores 17 ás 19.30 horas, correrá a cargo das agrupacións corais "Coro Xuvenil" e "Coro de Adultos" da Escola municipal de música de Vigo. Esta actividade quere poñer en valor, novamente, tanto ás iniciativas municipais de formación en música e artes, como ás infraestruturas culturais da cidade.