Caballero subliña o "gran éxito" da exposición para escolares sobre a Reconquista
O alcalde de Vigo acudiu este martes ao Museo Verbum, en Samil, onde 100 escolares de sexto de Primaria, procedentes do Seis do Nadal e do Altamar, coñeceron a historia da Reconquista de Vigo coa exposición disposta polo Concello. Ao longo de abril serán 1.400 os alumnos que visiten a actividade.
Abel Caballero definiu o "gran éxito" da mostra didáctica disposta polo Concello de Vigo no Museo Verbum sobre a Reconquista da cidade, unha exposición da que "estamos aprendendo todos moito" e que hoxe recibiu a visita de 100 escolares do Seis do Nadal e de Altamar.
"VigoHistoria: A Reconquista", como así se chama a proposta educativa municipal, inclúe o transporte para a visita guiada á exposición, o visionado dun audiovisual e posterior coloquio cos escolares, todo elo baseado nunha unidade didáctica, elaborada ao efecto, sobre esta efeméride tan saliantable da historia local de indubidable interese para a comunidade educativa.
Hoxe martes, coa participación de 100 rapaces e rapazas de sexto de Primaria, o alcalde seguiu unha parte da mostra, tanto os paneis físicos como o material audiovisual, coa que o goberno local divulga este fito histórico entre a mocidade de sexto de Primaria. Caballero, xunto á concelleira de Educación, fixo entrega de diplomas ao alumnado.
Descargar todas as imaxes