xoves, 18 abril 2013

O alcalde collerá "o pulso da cidade para levantar a voz en defensa do aeroporto"

O rexedor transmitiu hoxe xoves ao comité de empresa de Peinador a súa vontade de "levantar a voz, xunto coa cidade, en defensa do aeroporto, unha infraestrutura fundamental para a industria e a economía de Vigo". Ao longo da reunión que mantiveron esta mañá na Alcaldía, Caballero constatou a "preocupación e indignación" destes traballadores, unha sensación que, na súa opinión, comparte o resto da cidadanía.

A Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta o evento "Trazos nas Táboas"<br />

xoves, 18 abr 2013

A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar durante a vindeira fin de semana o evento "Trazos nas Táboas", consistente na representación de pezas breves de micro-teatro.Esta actividade nace coa intención de incentivar, potenciar e promover a creatividade na nosa comunidade educativa, así como de dar a coñecer á cidade a existencia e actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro (EMT).<br />

Inaugúrase o venres 19 de abril na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Exposición "Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun artista vigués"

xoves, 18 abr 2013

Esta é a primeira exposición retrospectiva que se lle realiza a Emilio Fernández Rodal en Vigo desde o seu finamento no ano 1972. A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo quere homenaxear así a creación artística dun notable retratista que iniciou a súa vocación nas aulas desta Escola e que non dubidou en devolverlle parte da súa inspiración, impartindo clases de debuxo e pintura ou recuperando, trinta anos despois, o Certame de artistas noveis neste mesmo centro. Na mostra exhíbense case medio centenar de obras pictóricas do autor e imaxes e documentación que ilustran o contexto social e cultural da súa creación e da súa época.<br />