A Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta o evento "Trazos nas Táboas"<br />
A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar durante a vindeira fin de semana o evento "Trazos nas Táboas", consistente na representación de pezas breves de micro-teatro.Esta actividade nace coa intención de incentivar, potenciar e promover a creatividade na nosa comunidade educativa, así como de dar a coñecer á cidade a existencia e actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro (EMT).<br />
As representacións levaranse a cabo os seguintes días e horas, nas instalacións da escola, sitas na Avenida de Castelao nº 87 (interior):
*Venres 19 de abril: de 20:00 a 22:00 horas "OPUS C 13:4-13", "O ESPECTÁCULO", "0 FASES", "FILOSOFÍA EN MANDIL"
*Sábado 20 de abril: de 20:00 a 22:00 horas "OPUS C 13:4-13", "O ESPECTÁCULO", "ALÁ NO FONDO...", "FILOSOFÍA EN MANDIL"
*Domingo 21 de abril: de 19:00 a 21:00 horas "O ESPECTÁCULO", "0 FASES", "ALÁ NO FONDO...", "FILOSOFÍA EN MANDIL"
Para poder asistir a estas representacións pódense recoller as invitacións na oficina da EMT, a partir do día 15 de abril en horario de 17:00 a 20:00 horas ou media hora antes o día do espectáculo. Pódense tamén reservar no teléfono 986485324 e mediante correo electrónico, no enderezo electrónico em.teatro@vigo.org.
Descargar todas as imaxes