Intercambio de Programas Antigos entre a Sociedade Filarmónica de Vigo e a Escola Artes e Oficios
A Sociedade Filarmónica de Vigo en colaboración coa Escola de Artes e Oficios celebrará un acto de intercambio de programas de principios do século XX de concertos da Sociedade Filarmónica celebrados en Vigo.A actividade terá lugar no salón de Escola o xoves 18 de abril ás 19.00 horas.
O acto estará inspirado no primeiro concerto do que se ten coñecemento celebrado pola Sociedade no ano 1918 no Teatro Tamberlick e que estivo a cargo do violinista pontevedrés Manuel Quiroga.
A orquesta de alumnos grado medio do Conservatorio Profesional de Vigo, interpretará o Concerto Antigo de Quiroga, no salón da Escola de Artes e Oficios.Contarase coa presenza de Milagres Bará , sobrina-neta do compositor, e encargada do Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego, así como autoridades e personalidades do mundo da música en Vigo.