Escoitar

O alcalde indica que "profesionais de altísimo prestixio" preparan a celebración en Vigo dun Congreso de Saúde Mental e Adiccións

Abel Caballero mantivo este martes unha reunión co comité organizador do encontro luso-galaico sobre adiccións no século XXI, uns 20 profesionais "de altísimo prestixio" que traballan na constitución dos comités e barallan organizar o seu primeiro congreso en febreiro de 2015, en Vigo.

martes, 16 abr 2013
1366111856congreso.JPG
O grupo de traballo reunido hoxe martes no hotel Carrís Beiramar de Vigo constituirá os comités organizador, científico e de honra de cara á celebración do futuro encontro luso-galaico sobre adiccións no século XXI. Tamén definirán a data do evento que, segundo estimou Caballero, podería ter lugar no mes de febreiro de 2015 na cidade de Vigo.

O alcalde explicou ante os medios de comunicación que os participantes nesta primeira xornada de traballo estudan a posibilidade de realizar o congreso anual ou bianualmente, comezando en Vigo por ser "exemplo" na prevención e no tratamento das adiccións mediante CEDRO, a Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello.
Descargar todas as imaxes