O Goberno Central avala a boa saúde das finanzas locais permitindo invertir 5,9 millóns do superávit de 2012
A Comisión Nacional de Administración Local aceptou a proposta do vicepresidente da FEMP e alcalde de Vigo de que os concellos que tiveran superávit o ano pasado poideran invertir eses remanentes. Esta autorización permitirá ao Concello de Vigo dispoñer de 5,9 millóns máis para investir este ano co obxectivo, sobre todo, de xerar emprego.
O Concello de Vigo poderá adicar os remanentes do superávit do exercicio de 2012 a investimentos o que suporá, segundo explicou hoxe mércores o rexedor, que poderá investir 5,9 millóns de euros, sen que se computen no teito de gasto. Caballero amosou a súa satisfacción ao dar a coñecer que o ministro de Facenda accedeu a esta petición prantexada polo propio alcalde de Vigo no transcurso da Comisión Nacional de Administración Local celebrada onte en Madrid.
Durante a rolda de prensa, precisou que deste xeito se suspende por un ano a Lei de Estabilidade Orzamentaria, "unha grande decisión que lle agradezo ao señor Montoro". Esta posibilidade de invertir o superávit permitirá xerar emprego "e desde logo eu amoso a miña intención de facelo". Avanzou a creación dunha comisión desde o Goberno Central para estudiar en profundidade esta proposta ao tempo que se acordou dar xa instruccións aos interventores dos concellos beneficiados para que se poidan iniciar os trámites, dado que estes investimentos teñen que realizarse no ano en curso.
As condicións para acollerse a esta modificación de lei pasan por ter superávit no ano 2012, ter remanentes positivos e que a débeda non supere a media de débeda dos concellos en España, situada no 110% do orzamento. A este respecto, Caballero non disimulou a súa satisfacción ao explicar que na reunión de onte -na que se deu conta do informe do Ministerio de Economía de Débeda viva das corporacións locais a 31 de decembro de 2013, acreditouse que a débeda de Vigo en 55,7 millóns e unha porcentaxe do 24% sobre o orzamento. Outro dos requisitos que o Goberno impón á hora de investir este remanente é que non xenere obrigas orzamentarias de cara ao ano seguinte.
Descargar todas as imaxes