Escoitar

O alcalde inaugurou o novo pavillón de Candeán, o terceiro polideportivo aberto desde 2007

Abel Caballero, xunto a numerosos concelleiros municipais, inaugurou este venres o novo pavillón polideportivo de Candeán, o terceiro aberto baixo o seu mandato, despois do da ETEA e o de Navia. O recinto conta cun área exterior multiusos e un ximnasio de 150 metros cadrados, cun total de 2,5 millóns investidos.

venres, 19 abr 2013
1366372782candean.JPG
Caballero explicou que o novo pavillón conta cun ximnasio de case 150 metros cadrados de superficie, vestiarios, aseos, oficina e grada para case 300 persoas, ademais dun área exterior equipada para fútbol sala e baloncesto.

Durante os meses de abril e maio, tal e como apuntou o rexedor, a apertura do novo pavillón será a demanda, para integrarse despois do verán na programación habitual dos distintos espazos deportivos municipais.

Abel Caballero quixo "pór en valor" a apertura, en menos de seis anos que leva como alcalde, do terceiro pavillón polideportivo na cidade, despois dos de Navia e a ETEA. "Non hai precedente histórico", asegurou, dunha situación similar, á que engadiu os recintos "Mais que Auga" de Florida e Barreiro. O alcalde quixo "recoñecer" que o inicio deste proxecto ten lugar nun goberno en coalición co BNG, partido que deu "gran impulso a este proxecto", agradecendo o traballo de Xabier Alonso e Santi Domínguez.
Descargar todas as imaxes