venres, 15 mar 2013
De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións do imposto sobre Vehículos de tracción mecánica ano 2013 ata o 18 de marzo do presente ano.
martes, 12 mar 2013
A Concellería de Igualdade oferta o obradoiro de carácter gratuíto "Xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade" que terá lugar o xoves e venres na Casa das Mulleres.
venres, 8 mar 2013
A Concellería de Participación Cidadá organiza cursos gratuitos de internet e informáticas para os vindeiros meses de abril, maio, xuño e xullo nos centros municipais de Coruxo e Saians.<br />
<br />
venres, 8 mar 2013
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da celebración de Semana Santa e dacordo ca ordenanza Reguladora da Venda na Vía Pública no Concello de Vigo e espacios abertos estabrecese o periodo de presentación de solicitudes para a venda de Palmas entre os días 8 de marzo ata o 18 marzo de 2013 nas seguintes rúas :
venres, 1 mar 2013
A concellería de Política do Benestar organiza talleres de avellentamento activo sobre a risa relaxación e movemento, musicoterapia, memoria, vivir en positivo, saúde e diversión, danzas do mundo e pilates.
venres, 1 mar 2013
A Concellería de Cultura e Festas informa da apertura do prazo de solicitude para contar coa actuación de bandas de música populares e/ou agrupacións corais, a través dos convenios de colaboración existentes coa Federación de Bandas de Música e con ACOPOVI, respectivamente
venres, 1 mar 2013
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto "XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE". O curso, dirixido a todas as persoas interesadas, estará impartido pola psicóloga Rosa Faraldo Rivas. O obxectivo do obradoiro é visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.