Peche de tráfico con motivo das Festas de San Blas en Bembrive

venres, 31 xan 2014

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das FESTAS DE SAN BLAS EN BEMBRIVE, que se celebrará os vindeiros días 01, 02 e 03 de febreiro de 2014 permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Igrexa, Estrada de Bembrive entre as rúas Cruz e rotonda de Eifonso, Monte Calvario no cruce con Mandín, Espedras con Devesa. (BEMBRIVE) , con acceso exclusivo para garaxes.

Corte de tráfico con motivo da carreira "Correndo por Vigo"

venres, 10 xan 2014

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do evento 3ª EDICIÓN DA CARREIRA CORRENDO POR VIGO, estarán pechadas ao tráfico as rúas do percorrido: Urzaíz (entre Choróns e Toledo), Pizarro, Travesía de Vigo (cara a Teis), Aragón (sentido Calvario), Urzaíz (até Jesús Fdez), Portela, Palencia, Sagunto, Urzaíz. , con acceso exclusivo para garaxes, o DOMINGO 12/01/2014 dende as 10:30 até as 13:00 horas.

ANUNCIO de Tráfico

venres, 10 xan 2014

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de humanización na rúa Tomás Alonso, establécese sentido único nas rúas: ALFREDO BRAÑAS (cara a Eduardo Cabello) e PEDRO DEL PAZO (cara a Covadonga), dende o luns 13/01/2014 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses.

BANDO ARTIFICIOS PIROTÉCNICOS

venres, 27 dec 2013

Ante a proximidade das Festas do Nadal onde prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos,bengalas,tracas, etc), lémbrolle a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.

Bando festas de Fin de Ano e Reis

venres, 27 dec 2013

Ven sendo habitual durante o Nadal a celebración de festas de Fin de Ano e Reis en locais de ocio. Consonte a normativa vixente, ningún local pode ofrecer espectáculos ou actividades recreativas sen estar provisto da preceptiva licenza municipal de actividade/apertura. Asemade, ningún local pode ofrecer espectáculos ou actividades recreativas distintos dos que figuren autorizados na devandita licenza municipal.

Bases concurso "Vente cos Reis Magos 2014"

venres, 29 nov 2013

A Concellería de Cultura e Festas convoca un ano máis o concurso "Vente cos Reis Magos", que ten por obxecto seleccionar a corenta nenas e nenos para acompañar aos Reis Magos, na Cabalgata de Reis, que terá lugar o domingo 5 de xaneiro.

BANDO DE OBRAS NADAL 2013<br />

venres, 29 nov 2013

Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas: Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as<br /> seguintes restriccións: