Escoitar

BANDO ENTROIDO 2014 dispositivo de regulación e cortes de tráfico: do 28 de febreiro ao 5 de marzo de 2014

Con motivo do desenvolvemento dos actos do Entroido 2014, que afectarán principalmente a García Barbón, Policarpo Sánz, Porta do Sol e Paseo de Afonso XII, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico:

venres, 28 feb 2014
Sábado, 1 de marzo:
DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS.- A saída da comitiva está prevista para as 18,00 horas e percorrerá as rúas de García Barbón (dende o nó de Isaac Peral), Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde rematarán.
A partir das 17,00 horas quedará cortada ao tráfico as rúas do percorrido

Desviacións:
- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas establecidas.
- Queda pechado ao tráfico o acceso dende a rúa de López de Neira por rúa de Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
- Aqueles vehículos que circulen pola avenida de Galicia terán que desviarse pola avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal – Beiramar, para chegar a rúa da Coruña e Bouzas.
- Recoméndaselles aos vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
- Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Afonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa de Cervantes.
- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa de Urzaiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
- Aconséllaselles aos vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para chegar ao seu destino.
- Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Afonso XIII e García Barbón desviaranse no cruzamento da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa de Urzaiz.
- Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
- Ós vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
- Os vehículos que circulen pola rúa do Areal desviaranse pola rúa de Porto e rotonda da "Paelleira".
- Os vehículos que circulen pola rúa de Rosalía de Castro desviaranse pola rúa de Serafín Avendaño e Miragaia cara a rúa do Arenal dirección plaza de Compostela.
- Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico:

Os cortes produciranse en:
García Barbón-Sanjurjo Badía.
Saída da autoestrada a Isaac Peral
Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
Rúa Colón-Marqués de Valladares
Paseo de Afonso XII
López de Neira-Doutor Cadaval
Afonso XIII-Cervantes
Urzáiz-Lepanto
Urzaiz-México
Urzaiz-Vázquez Varela
Serafín Avendaño-Rosalía de Castro
Serafín Avendaño-Areal
Miragaia-Rosalía de Castro
Miragia-Areal
Porto-Rosalía de Castro
Canceleiro-Rosalía de Castro
República Arxentina-Uruguai

- As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona Praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa da Coruña.
- Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás a quen teña o seu destino nela ou ós usuarios a autoestrada.

Punto de encontro de nenas/os perdidos, posto de emerxencia e zona reservada.

- Establecerase un posto destacado de emerxencias no cruzamento Colón-Urzaiz e dous postos de atención a nenos/as perdidos no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e Porta do Sol.
- caso de perdas de nenos/as, hai que dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.
- Establécese unha reserva de espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Afonso XIII con García Barbón (diante de Santiago de Vigo).

Recomendacións finais

- Evitar o uso dos vehículos particulares.
- Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
- Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa de García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
- O acceso das comparsas e carrozas ao lugar de concentranción realizarase preferentemente dende a rotonda de Julián Estévez.
- Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
- Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da organización.

VERBENA.-
Celebrarase na Porta do Sol. Cortarase a rúa de Doctor Cadaval desde López de Neira ás 20:30 horas. Así como a rúa de Policarpo Sanz desde o cruzamento de Colón e o Paseo de Afonso XII, só se permitirá o paso do transporte público. Ás 22:00 horas péchase definitivamente o tráfico.

Martes, 4 de marzo:
VERBENA.- O mesmo corte e horarios que o sábado para a "Verbena".

Mércores, 5 de marzo:
EXEQUIAS FUNERARIAS SOLEMNES DAS COMPARSAS.- O percorrido será desde a Praza da Constitución, Porta do Sol, rúa do Príncipe, Colón, Policarpo Sanz ate a Porta do Sol.
A partir das 17,30 horas quedará cortada ao tráfico as rúas do percorrido

Peches de tráfico
Os cortes produciranse en:
Paseo de Afonso XII
Doutor Cadaval-Porta do Sol
Reconquista-Policarpo Sanz
Velázquez Moreno-Policarpo Sanz
Colón-Marqués de Valladares
García Barbón-República Arxentina
Urzaiz-Magallanes
Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas estabelecidas.
Á parte do referido, en diversos momentos dos días de celebración realizaranse cortes de tráfico puntuais para permitir o paso dos pasarrúas que acompañan a celebración.