Escoitar

O goberno local concluirá en tres meses o derrubo do antigo restaurante As Dornas, en Samil

O Concello inicia este venres os traballos de derrubo do edificio, que estarán concluidos en tres meses, e prevé habilitar no mesmo espazo unha zona verde, segundo indicou Abel Caballero, co que eliminará un obstáculo visual importante.

venres, 28 feb 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do inicio dos traballos de derrubo do antigo restaurante As Dornas, en Samil, que se alongarán durante tres meses, despois de ser contratada a obra polo Concello.

O rexedor recordou que xullo de 2013 autorizouse o inicio do expediente de contratación para a licitación do proxecto de derrubo, aprobado polo goberno local en setembro contratadas as obras a finais do pasado ano. Caballero avanzou que, no espazo que hoxe ocupa As Dornas, o Concello de Vigo habilitará unha zona verde, unha "magnífica decisión" que posibilitará eliminar un obstáculo visual ao tempo que combinado coa prestación de serivzos na praia.