venres, 28 febreiro 2014

Caballero agradece a Iberia Express a súa aposta por Vigo na presentación da programación de verán

venres, 28 feb 2014

O alcalde de Vigo participou na presentación da programación de verán de Iberia Express que, ademais de manter a ruta Vigo-Tenerife, aumenta os voos entre Vigo e Palma de Mallorca. Diante dos axentes de turismo locais, Caballero agradeceu á compañía aérea a resposición do primeiro vóo da mañá a Madrid, unha vez que outra empresa deixara de operar ese enlace "por culpa das axudas contra normativa da Xunta".

Entroido 2014

venres, 28 feb 2014

A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", organizan do ENTROIDO 2014, que terá lugar do 28 de febreiro ao 5 de marzo, en distintos espazos da cidade. O programa comeza o venres 28 con murgas e charangas polo centro da cidade e os tradicionais "merdeiros" polo barrio histórico, a partir das 19:00 h; ás 19:30 h, a Escola Municipal de Teatro realizará na praza da Constitución o espectáculo manipulación. Ás 20:00 h, terá lugar a "Entronización do Meco" na Porta do Sol, para continuar ás 20:30 h co pregón, a cargo de Vigópolis.

CALENDARIO DO CONTRIBUÍNTE PARA O ANO 2014

venres, 28 feb 2014

De conformidade co disposto no apartado 3º do artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e 36 da Ordenanza fiscal xeral do Concello de Vigo, a concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo, por resolución de data 14 de xaneiro de 2014, a proposta da tesourería municipal, RESOLVEU:<br /> <br /> Fixar como datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ó exercicio 2014 (calendario do contribuínte para o ano 2014), así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras, as seguintes:<br />