Escoitar

Caballero agradece a Iberia Express a súa aposta por Vigo na presentación da programación de verán

O alcalde de Vigo participou na presentación da programación de verán de Iberia Express que, ademais de manter a ruta Vigo-Tenerife, aumenta os voos entre Vigo e Palma de Mallorca. Diante dos axentes de turismo locais, Caballero agradeceu á compañía aérea a resposición do primeiro vóo da mañá a Madrid, unha vez que outra empresa deixara de operar ese enlace "por culpa das axudas contra normativa da Xunta".

venres, 28 feb 2014
1393593133iberia.JPG
Abel Caballero agradeceu esta mañá a implicación de Iberia Express co aeroporto de Vigo durante a presentación da programación de verán da compañía que aumentará ata 26 as frecuencias semanais na ruta Vigo-Madrid durante o verán 2014, fronte ás 21 que operaba no programa de inverno. Acompañados por un nutrido grupo de axentes de turismo de Vigo, Caballero aproveitou a oportunidade para agradecerlle aos responsables da compañía a reposición do primeiro vóo da mañá a Madrid -un enlace clave para os negocios- unha vez que outra empresa deixara de operalo "por culpa das axudas contra normativa da Xunta". Felicitouse porque Vigo "forme parte da estratexia da compañía", así como pola existencia de prezos low cost. Tamén se referiu a que "felizmente" Iberia Express solventou o problema que lle impedía crecer "o que significará expectativa no futuro de aeroportos como Vigo", resaltando que, ademais, funciona sen subvencións. Durante a súa intervención, o alcalde instou, unha vez máis, ao presidente galego a suprimir todas as achegas para que o deseño de voos funcione por mercado.

Respecto da programación, Iberia Express, ademais de manter a ruta Vigo-Tenerife durante o verán 2014, aumentará os enlaces Vigo-Palma de Mallorca xa que este verán voará durante os meses de xullo e agosto. Tamén permite mellorar a conectivide con máis de 200 destinos nacionais e internacionais do grupo Iberia.
Descargar todas as imaxes