Entroido 2014
A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", organizan do ENTROIDO 2014, que terá lugar do 28 de febreiro ao 5 de marzo, en distintos espazos da cidade. O programa comeza o venres 28 con murgas e charangas polo centro da cidade e os tradicionais "merdeiros" polo barrio histórico, a partir das 19:00 h; ás 19:30 h, a Escola Municipal de Teatro realizará na praza da Constitución o espectáculo manipulación. Ás 20:00 h, terá lugar a "Entronización do Meco" na Porta do Sol, para continuar ás 20:30 h co pregón, a cargo de Vigópolis.
O programa contará tamén coas tradicionais verbenas na Porta do Sol: o sábado 1 coas orquestras Claxxon e Principal, ás 22:30 h, e o martes 4 coa orquestra Gran Parada, ás 22:15 h.
O domingo 2 e o luns 3 terán como protagonistas aos máis cativos co Entroido Infantil: inchables, obradoiros, xogos....na praza do Rei, de 17:00 h a 20:00 h. Na citada praza, tamén terán lugar os concursos de disfraces: o domingo 2, para categoría infantil, e o luns 3 para categoría xeral.
O martes, ademais de novas animacións das murgas e charangas e os "merdeiros", terá lugar a "Queima do Meco" na Porta do Sol, ás 23:30 h.
O Entroido 2014 rematará o mércores 5 co acompañamento da comitiva fúnebre, ás 18:30 h, dende a praza da Constitución, pasando pola Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e con remate na Porta do Sol. O enterro do Meco e a entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas, terá lugar ás 19:30 h, na praza da Constitución.
Descargar todas as imaxes