Escoitar

SUSPENSIÓN DO DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS DO ENTROIDO 2014

venres, 28 feb 2014
Infórmase que, unha vez analizados os informes oficiais coas previsións meteorolóxicas moi adversas previstas para toda a xornada de mañá sábado, día 1 de marzo, a comisión organizadora do ENTROIDO 2014 (formada polo Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo"), co asesoramento dos servizos de Protección Civil, decidiron a suspensión do desfile de comparsas e carrozas, co obxecto de garantir a seguridade das persoas participantes.

O resto de actividades do programa mantéñense según o previsto.