Escoitar

A velocidade promedia do tráfico en Vigo incrementouse nun 25% nos últimos catro anos

A velocidade promedia do tráfico en Vigo aumentou nun 25% nos últimos catro anos o que supón que os veciños reduxeron os tempos de viaxe na cidade nunha cuarta parte. Así o explicou hoxe xoves o rexedor durante unha visita á sala de tráfico da cidade que cumpre 25 anos desde a súa posta en funcionamento.

xoves, 27 feb 2014
1393509426trafico.JPG
Unha das conclusións que se extraen da análise do control do tráfico na cidade é un aumento da velocidade promedia do tráfico en Vigo un 25% o que supón que o tempo de traxecto rebaixouse nunha cuarta parte. Así o explicou hoxe xoves o rexedor durante unha visita á sala de control de tráfico do Concello que ven de cumprir 25 anos. Caballero destacou o "importante" avance que se experimentou nos últimos seis anos coa incorporación das novas tecnoloxías e incidiu na necesidade de intensificar o control do tráfico nunha cidade á que chegan ao día entre 100.000 e 150.000 vehículos desde a área metropolitana.

Neste senso, explicou que Vigo ten un índice de motorización de 667 vehículos/1.000 habitantes, unha cifra "moi destacada", ao tempo que aludiu ás evidentes diferencias no tráfico que hai entre o centro urbán e o estenso rural da cidade. "Hai que darlle servizo a todo o mundo, e ten moito mérito facelo", dixo, felicitando aos técnicos da sala e á súa coordinadora, a inxeñeira Adriana Sayáns quen degranou os aspectos técnicos do funcionamento da sala.

Estas melloras no tráfico van da man dun aumento na seguridade, dixo, xa que cada vez que desde as pantallas se detecta un risco ou incidencia actúase con semáforos e mobilizando á Policía Local. Respecto da tecnoloxía, Caballero loubou os avances que nos sitúan "na fronteira do coñecemento" o que supón unha "magnífica" mensaxe para a que é "a cidade do automóbil". Rematou recoñecendo a súa labor a todos os concelleiros e todos os alcaldes que ao longo dos anos traballaron na mellora do tráfico na cidade.
Descargar todas as imaxes