Escoitar

O rexedor propón como xerente da mancomunidade á actual directora financeira da entidade

Magoya Méndez, actual directora financeira da Mancomunidade de Vigo será a nova xerente do ente supramunicipal. Asi o avanzou hoxe o alcalde de Vigo durante unha rolda de prensa na que explicou que vai trasladar esta proposta ao Goberno da Mancomunidade o venres 28 de febreiro.

mércores, 26 feb 2014
O alcalde de Vigo convocou ao Goberno da Mancomunidade para o venres co fin de dar coñecemento da proposta de nomear a actual directora administrativo-financeira da Mancomunidade de Vigo, Magoya Méndez, como xerente da entidade, en substitución de Erika Jaráiz, que causou baixa por decisión propia. Tal e como avanzou o rexedor en rolda de prensa, esta elección permitira un aforro ás arcas públicas, xa que se amortiza unha praza, ademais de garantir experiencia no desempeño da dirección do ente supramunicipal dado que a persoa proposta traballa na Mancomunidade desde 2006 e "estou seguro de que o vai facer moi ben", engadiu. Magoya Méndez é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais.