200 centros educativos e 15.000 persoas participan nos cursos de educación vial da Policía Local
O equipo de Educación Vial da Polícia Local desenvolve actividades educativas e formadoras destiñadas a colectivos moi variados. Alumnos de educación infantil primaria, secundaria, persoas con necesidades educativas especiais ou sesións informativas en distintas asociacións son algunhas das accións preventivas que desenvolve o Concello a través da Policía Local.
A Policía Local de Vigo impartiu sesións preventivas e educativas a máis de 15.000 persoas en máis de 200 centros educativos. Así o explicou esta mañá o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, na presentación da Memoria Anual do curso 2012-2013 do equipo de Educación Viaria.
Durante o mes de xuño, explicou o edil, os axentes acuden aos centros de educación infantil que o solicitan para "xogar" cos nenos de entre dous e tres anos aos que se lles ensina o xeito correcto de cruzar os pasos de peóns, acompañados dun adulto. As actividades en primaria realízanse a partir de outubro e esténdense á práctica totalidade dos centros públicos e privados. Realizan actividades, ben no centro ou ben na rúa, para aprender a xestionar os riscos e perigos que van atopar cando se despracen sos pola cidade. Os alumnos de sexto curso dos centros que o soliciten disfrutan desde febreiro dunha actividade práctica no Parque Infantil de Tráfico de O Castro. Para os alumnos de secundaria, entre outubre e maio, trabállase na investigación das circunstancias de accidentabilidade vial que lles afectan. Con axuda de exercicios, os estudantes experimentan cos conceptos de distracción, velocidade, tempo de reacción e os efectos do alcool na conducción.
Tamén existen, como novidade, apuntou, cursos de reeducación e sensibilización de menores infractores que se desenvolven en decembro, en colaboración coa Fiscalía de Menores e nos que partipan mozos e mozas menores de idade que xa teñen cometido un delito contra a seguridade vial. O obxectivo é axudar aos asistentes a poñerse no lugar dos que sofren as consecuencias dunha decisión pouco acertada. O equipo de Eduación Vial tamén traballa con alumnos con necesidades educativas especiais e no mes de xuño, en colaboración con ASPANAEX, trabállase na procura de autonomía dos mozos e mozas con discapacidade.
Entre os meses de marzo a xuño, en cooperación co hospital Nuestra Señora de Fátima, participamos nunha conferencia multidisciplinar destiñada a estudantes de bacherelato. Na última edición, lembrou o edil, contamos coa presencia da "tristemente" desaparecida María de Villota.
Carlos Font engadiu que ao longo de todo o ano e en todos os centros de saúde desenvólvese unha actividade destiñada aos futuros papás e mamás na que se explican os distintos sistemas de retención infantil que deben usar os rapaces para viaxar seguros. Entre marzo e maio, en aquelas asociacións que así o soliciten, desenvólvense iniciativas para axudar aos máis maiores a manter conductas seguras como peóns e conductores.
Outra dúas actividades que se desenvolven desde a Policía Local é a conmenoración do Día mundial en recordo das vítimas de accidentes de tráfico o terceiro domingo de novembro e a participación en Vigolandia, cando a Policía traslada os seus parques infantís de tráfico ao recinto feiral de Cotogrande no que se reúnen máis de 6.000 nenos e nenas.
Descargar todas as imaxes