O Concello programa un Entroido con máis comparsas e participantes no concurso de disfraces
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentou este martes a programación do Entroido 2014, organizado polo goberno local en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo". Celebrarase do 28 de febreiro ao 5 de marzo en distintos espazos da cidade.
A edición deste ano -orzamentada en 75.000 euros- xa ten confirmada a participación de 32 comparsas no desfile que se celebrará o sábado pola tarde, tres máis que no 2013, e a organización tamén destacou o incremento, ano tras ano, no número de participantes no concurso de disfraces.
Segundo explicaron ante os medios, a programación comeza o venres 28 con murgas e charangas polo centro da cidade e os tradicionais "merdeiros" polo barrio histórico, a partir das 19:00h. Ás 19:30h, a Escola Municipal de Teatro realizará na Praza da Constitución o espectáculo "Manipulación". Ás 20:00 h, terá lugar a "Entronización do Meco" na Porta do Sol, para continuar ás 20:30 h co pregón, a cargo dos actores e actrices da serie web Vigópolis.
O sábado 1 de marzo terá lugar o tradicional concurso de comparsas e carrozas, que comezarán a desfilar ás 18:00 h dende a rotonda de Isaac Peral e rematará na Porta do Sol. O programa contará tamén coas tradicionais verbenas na Porta do Sol: o sábado 1 coas orquestras Claxxon e Principal, ás 22:30 h, e o martes 4 coa orquestra Gran Parada, ás 22:15 h.
O domingo 2 e o luns 3 terán como protagonistas aos máis cativos co Entroido Infantil: inchables, obradoiros, xogos....na Praza do Rei, de 17:00 a 20:00h, se o tempo o permite. Na citada praza, tamén terán lugar os concursos de disfraces: o domingo 2, para categoría infantil, e o luns 3 para categoría xeral.
O martes, ademais de novas animacións das murgas e charangas e os "merdeiros", terá lugar a "Queima do Meco" na Porta do Sol, ás 23:30 h.
O Entroido 2014 rematará o mércores 5 co acompañamento da comitiva fúnebre, ás 18:30h, dende a Praza da Constitución, pasando pola Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e con remate na Porta do Sol. O enterro do Meco e a entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas, terá lugar ás 19:30 h, na Praza da Constitución.
Descargar todas as imaxes