luns, 24 feb 2014
O alcalde foi facultado no Pleno desta mañá para iniciar os trámites que permitan ao Concello de Vigo interpoñer un conflito de defensa da autonomía local contra a lei 27/2013, de 27 de decembro de 2013. Os votos de PSOE e BNG permiten, polo tanto, arrancar o proceso contra a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local.
luns, 24 feb 2014
A tenente de alcalde, Camela Silva, deu conta do Pleno deste luns do informe de Tesourería correspondente ao cuarto trimestre do 2013, documento que fixa en 24,35 días de media o prazo de pago aos proveedores desde a presentación da factura. Na súa opinión, non hai concello en España que mellore o dato de Vigo e apuntou que o último dato mellora o do terceiro trimestre de 2013 que foi de 25,11 días.
luns, 24 feb 2014
A proposta foi formulada polo grupo do PP e aprobada por unanimidade, instando ao Concello a instaurar un plan personalizado de pagos para abonar todos os impostos e taxas municipais de forma fraccionada durante o ano. O goberno de Vigo anunciou que estudará a aplicación da proposta.
luns, 24 feb 2014
Sendas mocións presentadas polo grupo socialista, aprobadas pola unanimidade da Corporación, reclaman do goberno autonómico a ampliación do Conservatorio de grao medio de música de Vigo e do túnel de Beiramar, comprometido pola Xunta en 2010. Ademais, o goberno local solicitoulles os 3,6 millóns anunciados para rehabilitar a fachada do Berbés.
luns, 24 feb 2014
Na sesión plenaria celebrada hoxe luns, intervino Rosa Fontaiña en representación do Consello Municipal da Muller para dar lectura do manifesto do 8 de marzo Día Internacional das Mulleres que se celebrará baixo o lema " Pola defensa dos dereitos sexuais, reprodutivos e aborto". Entre outros aspectos o manifesto reivindica a retirada do anteproxecto de lei que "atenta contra os dereitos das mulleres, contra a nosa autonomía,contra a nosa liberdade, contra a nosa saúde, vida e dignidade"