Escoitar

O alcalde urxe á Xunta a acometer obras de mellora na seguridade no colexio Vicente Risco

Arquitectos municipais elaborarán un informe detallando as deficiencias estructurais que sufre o colexio Vicente Risco, documento que, a continuación, será remitido á Xunta para que acometa as obras precisas. Así llo trasladou esta mañá o rexedor á dirección e representantes das anpas do centro público vigués.

mércores, 26 feb 2014
1393429142vicente.JPG
O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro coa directiva e representantes das anpas do colexio Vicente Risco para coñecer de primeira ma as "serias dificultades que ten o centro na súa edificación". Tal e como lle trasladaron, explicou en rolda de prensa, o inmoble, que non ten pasadas as inspeccións pertinentes, sofre todo tipo de deficiencias: unha cuberta que non ampara a choiva, canalóns en mal estado, zonas de xogo inseguras.... O rexedor instou á Xunta como administración responsable a acometer as obras precisas e avanzou que arquitectos municipais redactarán un informe que será remitido ao goberno autonómico para solucionar unhas deficiencias "que son un clamor" en toda a comunidade educativa.
Descargar todas as imaxes