Escoitar

2.000 alumnos de primaria achéganse á historia de Vigo cunha exposición sobre a Reconquista

O alcalde de Vigo acudiu este mércores ao Museo Verbum, en Samil, onde 100 escolares de quinto e sexto de Primaria, procedentes dos centros de San Salvador e Emilia Pardo Bazán, coñeceron a historia da Reconquista de Vigo coa exposición disposta polo Concello. Ao longo dos meses de marzo e abril serán 2.000 os alumnos que disfruten desta actividade.

mércores, 26 feb 2014
1393428982reconquista.JPG
O alcalde Caballero augurou un "gran éxito" da mostra didáctica disposta polo Concello de Vigo no Museo Verbum sobre a Reconquista da cidade, unha exposición que "xa foi un éxito na pasada edición" e que hoxe recibiu a visita de 100 escolares do San Salvador e do Emilia Pardo Bazán.

"VigoHistoria: A Reconquista", como así se chama a proposta educativa municipal, inclúe o transporte para a visita guiada á exposición, o visionado dun audiovisual e posterior coloquio cos escolares, todo elo baseado nunha unidade didáctica, elaborada ao efecto, sobre esta etapa tan importante da historia local e de indubidable interese para a comunidade educativa.

Hoxe mércores, coa participación de 100 rapaces e rapazas de quinto e sexto de Primaria, o alcalde seguiu unha parte da mostra, tanto os paneis físicos como o material audiovisual, coa que o goberno local divulga este fito histórico entre a mocidade de Primaria. Caballero, xunto á concelleiro de Educación, fixo entrega de diplomas ao alumnado.
Descargar todas as imaxes