O goberno local apoia a Marcha pola dignidade que discurrirá mañá xoves polas rúas de Vigo
Abel Caballero trasladou hoxe mércores o apoio do goberno local á Marcha pola Dignidade que partirá mañá xoves desde Vía Norte ata a Porta do Sol as 19,30 horas. Logo de manter un encontro cos responsables das tres centrais sindicais, o alcalde explicou que "hai un gran clamor na rúa" pedindo saídas á crise distintas ás políticas que están enfocando o Goberno central e a Xunta de Galicia.