Escoitar

A Mancomunidade toma coñecemento do nomeamento de Magoya Méndez como xerente

Este venres celebrouse na sala de xuntas do Concello vigués a sesión da Xunta de Goberno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo que tomou coñecemento da proposta, elevada polo alcalde vigués, de nomear como xerente a Magoya Méndez, ata o momento a directora financeira da entidade supramunicipal.

venres, 28 feb 2014
O goberno da Mancomunidade tomou coñecemento hoxe venres da proposta de nomear a ata agora directora administrativo-financeira do ente, Magoya Méndez, como xerente da mesma, en substitución de Erika Jaráiz, que causou baixa por decisión propia.

Tal e como avanzara o alcalde días atrás, esta elección permite un aforro ás arcas públicas, xa que se amortiza unha praza, ademais de garantir experiencia no desempeño da dirección do ente supramunicipal dado que a xa xerente traballa na Mancomunidade desde 2006. Magoya Méndez é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais.