Escoitar
Programa municipal de turismo sostible <br /> Experiencia piloto do día 23 de maio de 2015, entre as 10:30 e as 17:00 horas

Programa municipal de turismo sostible nas Illas Cíes para persoas residentes en Portugal

O Concello de Vigo organiza, en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, un programa de turismo sostible e cultura para as Illas Cíes de Vigo en baixa tempada, para descubrir, gozar e preservar este paraíso natural que queremos Patrimonio da Humanidade. Prográmase esta experiencia piloto internacional dirixida a Portugal para avaliar e adaptar o proxecto e mellorar a súa operativa internacional.

xoves, 30 abr 2015
1430389397cies.jpg
As experiencias artéllanse en tres rutas:

Paseos sonoros: ¿Como soan as illas? ¿Ata onde chega a nosa relación sensorial coa paisaxe? Aprenderemos a ter outra fotografía do territorio, unha imaxe de 360 graos que chega alí onde a vista non alcanza; e a escoitar a terra, aos seus habitantes e, tamén, a nós mesmos. Será ximnasia para os sentidos que te permitirá percibir a vida que te rodea con outros ollos. (Ruta Vermella: 70 participantes. 4 monitores)

Arte, dous subgrupos:[(b]
- Debuxo e pintura: A natureza é un modelo que nos fala e nos chama. Saber captala cos nosos ollos e plasmala coas nosas mans é un reto estimulante nesta contorna cambiante... (Ruta amarela: 35 participantes. 2 monitores)
- Fotografía da natureza: Aquela raiola de luz descúbrenos a pola que agroma, a onda arrola as cores no seu seo, o perfil da rocha debuxa unha simetría imposible co horizonte, o cangrexo se agacha baixo o espello da auga... (Ruta laranxa: 35 participantes. 2 monitores)

Descubrindo a natureza: Descobre como é a vida das illas: dende a beiramar nos restos das mareas até os cantís que contemplan o océano, os sinais que deixan os temporais do inverno, o rastro de animais que se agochan, os avisos do tempo cambiante... Sinais que nos falan e podemos interpretar. (Ruta verde: 70 participantes. 4 monitores)

Navegación a vela: Navegarán ata as illas Cíes en goleta, participando na navegación a vela e recibindo información sobre técnicas de orientación no mar. Desembarco en balsa pneumática na praia de Rodas, ruta guiada polas illas e navegación polo exterior das Illas Cíes, se o tempo o permite. (Ruta azul: 35 participantes. 3 monitores)

Destinatarios:
Persoas maiores de idade nativas ou residentes en Portugal, ata un máximo de 245 prazas.

Poderanse consultar as condicións de participación na web turismodevigo.org, oficina municipal de información da casa do Concello e oficina municipal de turismo.

Para información telefónica: Tel. + 34 986 22 47 57 de Turismo de Vigo, en horario de 10:00 a 17:00 horas (hora española), de luns a vernes.

Modo e lugar de inscrición:
Correo-e de inscrición: turismodevigo@vigo.org

As inscricións poderán realizarse presencialmente na oficina municipal de información turística, sita en Cánovas del Castillo, 3, (onde se colle o barco para Cíes), en horario de 10:00 a 17:00 horas, de luns a mércores.

Datos obrigatorios de inscrición: Nome completo. DNI Teléfono móbil de contacto. Correo-e (opcional).
Cada persoa só poderá inscribirse a si mesma, agás no caso de unidades familiares.

A inscrición faise por estrito orde de solicitude.

Poden consultarse as condicións de participación na web vigo.org, web turismodevigo.org, oficina municipal de información da casa do Concello, oficina municipal de turismo.

Para información telefónica: 010 (desde móbil 986 810 260) e Tel 986 22 4757 de Turismo de Vigo Correo-e: turismodevigo@vigo.org""
Descargar todas as imaxes