mércores, 29 abril 2015

O Concello ultima o concurso para abrir novas rutas aéreas internacionais e reforzar Barcelona

A Vigo Convention Bureau, reunida este mércores, abordou distintas cuestións sobre a promoción turística da cidade, entre as que Abel Caballero subliñou a potenciación das conexións aeroportuarias. O alcalde avanzou que antes de que conclúa maio estará listo o concurso público para reforzar o voo a Barcelona e conseguir novas rutas en distintos mercados internacionais. Así, o aeroporto de Vigo conta este verán con 12 destinos e no próximo acadaranse as 19 conexións.

Vigo súmase a unha campaña internacional de potenciación dos mercados tradicionais

mércores, 29 abr 2015

Coa participación de Vigo, "Ama o teu mercado" é unha proposta internacional que abrangue un total de 2.000 recintos de 16 países do mundo e se desenvolverá do 14 ao 30 de maio, segundo informou este mércores o alcalde de Vigo. "Queremos que os mercados sexan reforzados na forma máis eficaz nesta campaña internacional", apuntou Caballero.