Escoitar

Caballero saúda con "agrado" a "ocupación cultural de música e danza na cidade"

O alcalde participou este martes na presentación de distintos eventos culturais que terán lugar na cidade en próximas datas: o Festival Internacional da Danza, Vigo Un Mar de Corais e Vigo Un Mar de Bandas -que comezan o sábado-, e ViKul, o encontro internacional de danza urbana de Vigo, do 12 ao 19 de xullo. Caballero manifestou o seu "agrado" por este "modo de entender a cultura na cidade".

martes, 28 abr 2015
1430223239cultura.JPG
O Día Internacional da Danza 2015 celebrarase este sábado, 2 de maio, ás 20 horas, con 17 actuacións simultáneas en distintas prazas de Vigo, comezando ás 19:45 horas diante do MARCO coa lectura do Manifesto escrito polo bailaor e coreógrado Israel Galván.

A partir das 20 horas habrá actuacións na Porta do Sol (G.F. Cotogrande de Cabral, G.F. Atlántida de Matamá e G.F. Airiños do Coto), diante do MARCO (G.F. Semente de Arte Galega de Beade, A.F. Corisco, G.F. Traspés e G.F. Valladares), na Praza da Pedra (A.F. Asubío, G.F. Helios de Bembrive e A.F. Os Ventos de Comesaña), na peonil do Calvario (G.Et. A Buxaina, A.F. Andarela e A. Monteira Danzas do Mundo) e na praza do Emigrante, en Travesas (A.F. Froles Novas, A.F. Lembranzas Galegas e a A.F. Queixumes).

En segundo lugar, o programa Vigo Un Mar de Corais 2015 tamén arranca o 2 de maio no Auditorio do Concello ás 20 horas, coas formacións Amadeus e Ozenki, e continuará o 17 de maio cos grupos coral EPA e Riviera Atienza (na AVCD de Lavadores ás 18 horas) e a Coral Polifónica Allegro (na Iglesia de San Pablo ás 20 horas). Inclúe ademais o Festival das Letras Galegas, no Auditorio Mar de Vigo ás 18 horas: o 10 de maio coas agrupacións CSCR de Beade, Rosalía de Castro, Lira de San Miguel de Oia, Allegro, Apostol Santiago, Nautilius de Comesaña, San Roque, Helios de Bembrive, Gli Appassionati e Orfeón O Castro; o 16 de maio con AACC Agarimo, Santa Clara, EPA, Teis, Cidade de Vigo, Coro Rociero, Rivera Atienza, Colexio de Avogados e Orfeón Rey Rivero; e o 17 de maio, co Orfeón Cantabile, San Mamede de Zamáns, Buen Pastor, Amadeus, Vivace de la AECC, Máximo Gorki, Val do Fragoso, Coro Clásico e Orfeón Airiños de Vigo.

Vigo Un Mar de Bandas 2015 programa 11 actuacións do mes de maio: 2 de maio, a escola de Música de Beade na peonil do Calvario, ás 20h; 3 de maio, a UVCD de Candeán na Praza da Princesa áss 12:30h; 9 de mayo, a Atlántida de Matamá na peonil do Calvario ás 20 horas; o 10 de maio, a Unión Musical de Valladares no Torreiro de Candeán ás 12:00 e As Delicias do Caeiro na Praza da Princesa ás 12:30h; 16 de maio, a Unión Musical de Coruxo na peonil do Calvario ás 20:00; 17 de maio, o Ateneo musical de Bembrive no Torreiro de Candeán ás 12:00 e a Unión Musical de Coruxo na Praza da Princesa ás 12:30h; 23 de maio, o Ateneo musical de Bembrive, na peonil do Calvario ás 20:00; o 30 de maio, a Lira de San Miguel de Oia, na peonil do Calvario ás 20h; e o 31 de maio, o Ateneo Musical de Bembrive na Praza da Princesa ás 12:30h.

VIKUL
O terceiro Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo celebrarase este ano do 12 ao 19 de xullo principalmente no Verbum e en Samil, un evento que posiciona a Vigo como referencia peninsular na formación deste tipo de danza.

O programa inclúe clases maxistrais a cargo de numerosos artistas recoñecidos nacional e internacionalmente, shows de danza nas principais prazas da cidade, obradoiros de danza urbana, campamentos e clases de rap para nenos e mozos, e, por primeira vez no certame, o ViKul All Styles Battle traerá batallas un contra un por categorías de idade e en varios tipos de baile (bboying, locking, hip hop, house e ragga).
Descargar todas as imaxes