Escoitar

Caballero data para maio a finalización das humanizacións de Camelias e Rosalía de Castro

O alcalde de Vigo informou este luns do calendario de traballo estimado nas obras de humanización da terceira fase da Avenida das Camelias e de Rosalía de Castro. Segundo indicou Caballero, a reforma da primeira finalizará a mediados de maio mentres que remodelación da segundo estará concluída a finais do próximo mes.

luns, 27 abr 2015
Abel Caballero asegurou que tanto a de Rosalía como a de Camelias son dúas obras importantes que causan un "pequeno incomodo" na circulación rodada. A finalización das reformas dará paso á "normalización absoluta do tráfico na cidade de Vigo" que, afirmou Caballero, é o que "funciona mellor a gran distancia de ningunha outra cidade de Galicia".