luns, 27 abril 2015

O goberno de Vigo garante os empregos das escolas infantís coa nova concesión

luns, 27 abr 2015

O alcalde comprometeuse este luns durante o Pleno da Corporación a manter os postos de traballo das escolas infantís municipais no novo contrato de xestión: "teñan a tranquilidade de que isto se vai resolver", afirmou Caballero. A unha moción do BNG, o goberno de Vigo engadiu a "vontade política de prever a subrogación de persoal" nos pregos "dentro do máis estrito respecto á legalidade". O texto saíu adiante coa unanimidade dos concelleiros.

O Pleno insta á Xunta de Galicia a suprimir o canon da auga

luns, 27 abr 2015

A moción do grupo de goberno saíu adiante este luns co apoio nacionalista e a oposición do PP, solicitando da Xunta de Galicia a eliminación do canon da auga e a invertir aquí o cobrado na cidade en anos anteriores por este concepto. Ademais, a Corporación reprobou a "actitude sectaria e discriminatoria da Xunta na súa política de subvencións" a entidades viguesas, particularmente culturais.

Charla do ciclo "Galegas na Ciencia"CICLO DE CHARLAS 2015

luns, 27 abr 2015

A profesora da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel, será a encargada de ultima charla do ciclo "Galegas na Ciencia" que organiza a Concellería de Igualdade no Centro de Documentación e Recursos Feministas. A charla seá o martes, 28 de abril ás 19:00 horas.<br /> <br /> <br />