martes, 28 abril 2015

O alcalde manifesta a súa "satisfacción" polo informe da OCU que sitúa a Vigo entre as cinco cidades máis limpas de España

A OCU publicaba onte o seu informe sobre a limpeza nas cidades españolas e Abel Caballero amosaba este martes a súa "satisfacción", xa que Vigo está entre os cinco primeiros municipios de España e, no tocante ás grandes urbes, Vigo e Bilbao están á cabeza no tocante á limpeza. O alcalde recordou que a cidade olívica recibiu en 2008, 2010, 2012 e 2014 o máximo galardón de limpeza, a Vasoira de Platino.

O goberno de Vigo concedeu onte 150 axudas de emerxencia para alimentos, enerxía e aluguer

martes, 28 abr 2015

Abel Caballero informou este martes que, no día de onte, o goberno que encabeza outorgou un total de 150 axudas de emerxencia para que familias que o precisen poidan facer frente a pagos de alimentación, enerxía eléctrica e aluguer. Dos case medio millón de euros orzamentados para o 2015, o goberno local leva gastados neste concepto 320.000 euros, polo que o alcalde adiantou que a partida será ampliada, como aconteceu no 2014.

Caballero saúda con "agrado" a "ocupación cultural de música e danza na cidade"

martes, 28 abr 2015

O alcalde participou este martes na presentación de distintos eventos culturais que terán lugar na cidade en próximas datas: o Festival Internacional da Danza, Vigo Un Mar de Corais e Vigo Un Mar de Bandas -que comezan o sábado-, e ViKul, o encontro internacional de danza urbana de Vigo, do 12 ao 19 de xullo. Caballero manifestou o seu "agrado" por este "modo de entender a cultura na cidade".