"Paseos polo Vigo literario"
A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan tres "Paseos polo Vigo literario" do 9 de maio ao 23 de maio.
1.-Sábado, 9 de maio, roteiro guiado por Pedro Feijoo. Saída desde a oliveira do Paseo de Afonso XII
No Paseo de Afonso XII, no número 2, ten o seu estudio o inefable Simón Varela, desde onde podemos baixar até a Porta do Sol, perdéndonos polo caso vello da cidade, tras os pasos de Daniel e León Beiroa. Desde a Porta do Sol e o teatro García Barbón até o calexo dos Caños, onde a Simón e a Mariña case lle parten os fociños os secuaces de herr Wessler, para descubrir a historia da vella rede de túneles esquecidos da cidade. A continuación baixariamos até a Alameda e desde aí ao Náutico, para, na compaña do mesmísimo Verne, botar un ollo ao noso redor, á procura da cidade case desaparecida...
Unha cidade chea de historia aínda visible para uns ollos atentos...
2.-Sábado, 16 de maio, roteiro guiado por María Reimóndez. Saída, informarase do lugar de saída uns días antes do sábado
Fronte ao desenraizamento, ela escolleu transplantarse, botar raíces aéreas e traer canda a si a montaña ao mar. Gaia, a protagonista de En vías de extinción percorre diferentes espazos mais a súa vida aséntase xa de forma definitiva na cidade ampla que acolle, de brazos abertos, o indómito e biodiverso. Vigo é tamén o espazo de intersección entre o ficcional e o vital para María Reimóndez quen neste percorrido nos levará polos espazos desta obra e compartirá tamén en exclusiva fragmentos da súa próxima novela A música dos seres vivos.
3.-Sábado, 23 de maio, roteiro guiado por Francisco Castro. Saída da praza da Constitución
Desde a Praza da Constitución desprazarémonos ata a Porta do Sol, ao edificio onde estaba ubicado El Pueblo Gallego, que serviu de inspiración para recrear o Eco de Vigo, o xornal onde traballa o pai do protagonista. Baixaremos cara o Teatro García Barbón, para parar na antiga sede da churrería 'Bonilla' de camiño cara á rúa Luis Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela Tes ata as 10. A Praza de Compostela-Alameda e o Porto Deportivo encamiñarannos cara á estatua de Xulio Verne, protagonista da cidade e nda novela.
Todos os paseos teñen a saída ás 11:30
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán).
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50
Descargar todas as imaxes