Paseo guiado das herbas de San Xoán

luns, 22 xuñ 2015

A Concellaría de Normalización Lingüística prepara un ano máis unha saída guiada e charla sobre as herbas que compoñen o cacho, as súas propiedades, características, particularidades...Será o martes 23 a partir das 19.30 h na parroquia de Valadares, concretamente con saída e chegada ao seu centro cultural e veciñal.

Convocatoria do curso 2015-2016 das Escolas Municipais de Música e Artes

sábado, 13 xuñ 2015

O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2015-2016 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes (EMMA): Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (E-TRAD), Escola Municipal de Teatro (EMT), Escola Municipal de Danza (EMD) e Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).

Programa "Vente con nos"

venres, 5 xuñ 2015

No marco do programa "Vente con Nos" que acolle o convenio de colaboración que ten asinado a Concellería de Cultura Festas e Museos coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais da nosa cidade, informase da apertura do prazo de admisión de solicitudes ata ás 13.30 horas do día 12 de xuño do presente ano. O formulario de solicitude está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información situada na lonxa do Concello e nas web municipal (www.vigo.org) e www.vigocultura.org

Obradoiros monográficos de verán 2015 da Escola municipal de teatro (EMT)

venres, 5 xuñ 2015

O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para os obradoiros monográficos de verán 2015 da Escola municipal de teatro (EMT), co obxectivo de ofrecer aos participantes recursos técnicos e creativos complementarios á súa formación. Cunha compoñente fundamentalmente práctica, están dirixidos a persoas maiores de 15 anos con relación e/ou afección co mundo do teatro.

Roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons

venres, 5 xuñ 2015

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un roteiro literario e toponímico pola Ría de Vigo e a Illa de Ons. Seguiremos o desenvolvemento da novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo e coñeceremos máis sobre os nomes de lugar da nosa ría.Guiarán este percorrido Pedro Feijoo, Xosé Lois Vilar (arqueólogo) e Gonzalo Navaza (investigador da toponimia).

BANDO "Normas para as fogueiras da noite de San Xoan"

venres, 5 xuñ 2015

As persoas físicas ou xurídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de SAN XOAN deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de quince días (15) ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e D.N.I.(achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación coa indicación do lugar (solicitado na oficina de Información urbanística).Deberase acompañar anexo indicando as medidas de seguridade a adoptar.