venres, 23 out 2015
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 25/10/2015 dende as 07:30 a 14:00.
venres, 23 out 2015
A Concellaría de Normalización Lingüística propon un novo obradoiro de creación literaria "Aliteraclara". Obradoiro que se desenvolverá no Centro Municipal de Distrito do Casco Vello (rúa Oliva, 12) os vindeiros 9,12, 23 e 30 de novembro entre as 19.00 e 21.30 horas.
venres, 23 out 2015
Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así, maniféstase a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez apañadas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...
venres, 16 out 2015
Lémbrase á cidadanía que AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS NO ANO 1984 no termo municipal de Vigo deberán pasar a súa primeira inspección durante este ANO 2015, de acordo co artigo 6.2 da Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo (BOP núm. 221, do 17 de novembro de 2010).
venres, 9 out 2015
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro "Pautas para exercitar e mellorar a autoestima" de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres.
venres, 9 out 2015
A Concellaría de Normalización Lingüística informa do inicio das actividades formativas no CIOV. Actividades, gratuítas, que se desenvolverán no IME (Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, 2) en horario de tarde.