venres, 20 nov 2015
A Concellería de Política de Benestar vai levar a cabo a campaña "DE BOA MAN", na súa XV edición os vindeiros días 1,2, 3 e 4 de decembro de 2015.O proxecto consiste na exposición e venta de produtos feitos por asociacións de persoas con discapacidade. <br />
venres, 20 nov 2015
A Concellería de Xuventude organiza o concurso "Musicando a Rosalía" co obxectivo de achegar a sua obra poética á xuventude e que premiará a creación musical feita en lingua galega como homenaxe á nosa poetisa máis representativa .
venres, 20 nov 2015
O Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego organiza un servizo de almorzo para persoas con discapacidade co obxectivo de sensibilizar á poboación da importancia dunha alimentación saudable.
venres, 13 nov 2015
O obradoiro de Emprego "Vigo Capacita II" organiza a actividade de degustación dun almorzo saudable e obradoiro de pan e froitas os mércores 18 e 25 de novembro, ás 11 da mañá.
venres, 30 out 2015
Comunicámoslle a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e l e 2 de novembro.
venres, 30 out 2015
Comunícase que co gallo da celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón dos traballadores do Servizo de Recollida de Residuos e Limpeza viaria, a celebrar dende as 6:00 horas<br />
do próximo mercores día 04 de novembro ata as 06:00 horas do xoves 5 de novembro, non se prestará o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos nin o de limpeza na cidade de Vigo. Rogámoslles desculpen as molestias que con motivo de dita festividade poidan ocasionarse.
venres, 30 out 2015
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 01/11/2015 dende as 07:30 a 14:00 .Solicítase a máxima colaboración cidadá.
venres, 23 out 2015
Comunicámoslle a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e l e 2 de novembro.