Adaptación procedementos no rexistro, reservas e formas de pago do Instituto Municipal dos deportes

mércores, 30 dec 2015

Atendendo ó acordo plenario do Concello de Vigo de data 26 de outubro relativo a modificación da modalidade na xestión do servizo público de Deportes ( Instituto Municipal dos Deportes) e en consecuencia, á desaparición do Organismo Autónomo a partires do 1 de xaneiro de 2016, así como a resolución do 15 de decembro do Presidente do IMD e Concelleiro de deportes, infórmase:

BANDO "CABALGATA DE REIS"

mércores, 30 dec 2015

Co gallo da Cabalgata de Reis adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o martes, 5 de xaneiro de 2016: Ás 17,00 horas terá lugar o acto da recepción das autoridades ás SS.MM os Reis Magos na Porta do Sol. A saída da comitiva da Cabalgata de Reis está prevista para as 18,00 horas e percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz, Porta do Sol, Elduayen e Paseo de Alfonso XII (remate). O remate esta previsto no Paseo de Alfonso XII. O desmonte da comitiva terá lugar no Paseo de Alfonso XII, rúa Falperra e rúa Cachamuiñas.

Bando de artificios pirotécnicos

mércores, 23 dec 2015

Ante a proximidade das Festas do Nadal onde prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos,bengalas,tracas, etc), lémbrolle a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.

Bando das festas de Fin de Ano e Reis

mércores, 23 dec 2015

Ven sendo habitual durante o Nadal a celebración de festas de Fin de Ano e Reis en locais de ocio. Consonte a normativa vixente, ningún local pode ofrecer espectáculos ou actividades recreativas sen estar provisto da preceptiva licenza municipal de actividade/apertura. Asemade, ningún local pode ofrecer espectáculos ou actividades recreativas distintos dos que figuren autorizados na devandita licenza municipal.

Medidas de tráfico por obras

venres, 18 dec 2015

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento, en horario nocturno (23:00 a 05:00), do túnel de Beiramar, a realizar pola empresa Estacionamientos Y Servicios S A , estará pechado ao tráfico o túnel BEIRAMAR, dende o 21/12/2015 ás 23:00 horas até o 23/12/2015 ás 05:00 horas . 21/12 (lado terra), 22/12 (lado mar).<br />

Personal

venres, 18 dec 2015

Comunícase a tódolos/as aspirantes ás probas selectivas para as seguintes prazas vacantes e incluídas na oferta de emprego público do ano 2010-2011 (segunda fase), que as datas de comezo do primeiro exercicio e os lugares de realización serán os seguintes: