Obradoiros de ferramentas en galego para o tempo libre

venres, 11 mar 2016

A Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística convócanse dous obradoiros para dar a coñecer as diversas opcións que hai en galego para os distintos tipos de actividades no sector do tempo libre e fomentar o seu uso entre o monitorado e as persoas docentes.

Imposto de vehículos de tracción mecánica

venres, 4 mar 2016

De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións do imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2016 ata o 11 de marzo do presente ano.

Cursos de alfabetización dixital

venres, 4 mar 2016

A Concellería de Participación Cidadá, debido a demanda da cidadanía, organiza cursos de alfabetizacion dixital durante os meses de marzo, abril, maio e xuño na aula de formación TIC da rúa Oporto, 2.

Talleres sobre "AVELLENTAMENTO ACTIVO"

martes, 1 mar 2016

A Concellería de Política de Benestar programa talleres de risa activa, relaxación e movemento, musicoterapia, memoria, vivir en positivo, saúde e diversión, danzas do mundo ,pilates en cadeira, autocoñecemneto,masaxes e taichí.Dirixida a persoas con autonomía maiores de 65 anos. Os talleres son gratuitos e teñen una duración anual.As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello.

Normalización lingüística

Obradoiro de improvisación teatral

venres, 26 feb 2016

O servizo de Normalización lingüística programa un obradoiro de improvisación teatral destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.

Normalización lingüística

Por Vigo con Rosalía

venres, 26 feb 2016

O servizo de Normalización lingüística organiza o sábado 27, un percorrido polo Casco Vello vigués da man de Rosalía de Castro ás 11:00, no Paseo de Afonso XII, ao carón da oliveira (duración do percorrido 1 hora e media).<br />