Anuncios e Bandos
"Paseo polo Vigo literario"
venres, 1 abr 2016A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este paseo polo Vigo literario o sábado, 9 de abril, ás 11.30 horas guiado por Fran P. Lorenzo.Saída da rúa Privada Moderna. Duración do paseo: 1 hora e 45 minutos

Obradoiro de improvisación teatral
venres, 1 abr 2016A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas que terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio; de 17:00 a 20:00, no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2)Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.

Curso de escritura creativa para adultos Obradoiro literario "Aliteraclara"
venres, 1 abr 2016A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o curso de escritura creativa para adultos "obradoiro literario Aliteraclara" impartido pola escritora Clara do Roxo e terá lugar o 25 de abril; 2, 9, 23 de maio; de 18:30 a 21:00 no Centro Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12).Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com