Escoitar

Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2016

venres, 8 abr 2016
Lugar: Na oficina do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica do Concello de luns a venres, no terminal sita na Lonxa do Concello de luns a sábado e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital.

Os/as interesados/as poderán consultar dito padrón e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 7/1985 das bases de réxime local.