Escoitar

Vigo encabeza o ranking de cidades de máis de 250.000 habitantes que cumpren coa estabilidade e regra de gasto

Un informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal sitúa a Vigo á cabeza do cumprimento da estabilidade e regra de gasto, entre as cidades con máis de 250.000 habitantes, segundo datos de 2015. Esta situación mellorará aínda máis o ano que ven, segundo explicou, cando se teña en conta o prazo de pago a provedores, o nivel de endebedamento e a coherencia entre ingresos e gastos.

xoves, 7 abr 2016
Abel Caballero deu conta esta mañá do Informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal que sitúa a Vigo encabezando a listaxe de cidades de máis de 250.000 habitantes en parámetros como estabilidade e regra de gasto. Das 16 cidades analizadas, ademais de Vigo, so cumpren Málaga e L'Hospitalet, segundo datos de 2015. En rolda de prensa, Caballero augurou que esta situación mellorará o ano que vén cando o estudo inclúa os datos de 2016 correspondentes con prazos de pago a provedores, nivel de endebedamento e coherencia entre ingresos e gastos.