Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 7 abr 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 8 DE ABRIL DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria do 18 de marzo e extraordinarias e urxentes do 21, 22 e 31 de marzo de 2016.

ALCALDÍA
2.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados pola Alcaldía durante o primeiro trimestre do ano 2016. Expte. 13878/101.

BENESTAR SOCIAL
3.- Proxecto de convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e a Fundación "La Caixa" para o desenvolvemento do programa "CAIXAPROINFANCIA". Expte. 119949/301.

4.- Proposta de aboamento de cotas pendentes á comunidade de Propietarios da rúa Caldas de Reis 1, pola vivenda municipal 2º A. Expte. 119551/301.

DEPORTES
5.- Solicitude de autorización para a organización do "XVII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay" o vindeiro 10 de abril de 2016. Expte. 14867/333.

6.- Solicitude de autorización para a organización do "XL Cross Escolar CEIP Coutada Beade", o vindeiro 10 de abril de 2016. Expte. 14866/333.

EDUCACIÓN
7.- Proposta de aprobación do Procedemento para a xestión directa polos Consellos Escolares do presuposto municipal do mantemento ordinario dos centros públicos de educación infantil e primaria de Vigo-2016. Expte. 17668/332.

8.- Expediente de contratación do Servizo para a xestión da Escola Infantil municipal de Santa Marta-Casco Vello. Expte. 17500/332.

ESCOLA M. ARTES E OFICIOS
9.- Prórroga do contrato do Servizo de Limpeza e pequeno mantemento das dependencias e instalacións da Escola municipal de Artes y Oficios. Expte. 886/13.



RECURSOS HUMANOS
10.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha enxeñeiro/a técnico/a industrial, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) do R.D.Lex. 5/2015, do 30 de outubro, do TRLEBEP, por un prazo máximo de seis meses, para a Área de Fomento. Expte. 27799/220.

11.- Oferta de Emprego Público 2016. Expte. 27580/220.

12.- Complemento de produtividade por xornada partida do servizo de Participación Cidadá correspondente ao mes de febreiro de 2016. Expte. 27848/220.

13.- Complemento de produtividade por xornada partida do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de febreiro de 2016. Expte. 27847/220.

14.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de febreiro de 2016. Expte. 27849/220.

15.- Complemento de produtividade por toxicidade das brigadas de pavimentación de Vías e Obras e Parque Móbil, correspondentes ao mes de febreiro de 2016. Expte. 27850/220.

16.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de febreiro de 2016. Expte. 27851/220.

17.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por traballar o día 24 e 25 de decembro de 2015 de funcionario do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 27852/220.

18.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de febreiro de 2016. Expte. 27878/220.

19.- Indemnización por razóns de servizo: gastos de locomoción de diversos servizos municipais dende decembro 2015 a febreiro 2016. Expte.: 27885/220.

20.- Dar conta de resolución do concelleiro-delegado de Xestión municipal e Persoal:

a) Autorización de xornadas de reforzos da Policía Local correspondente ao mes de abril de 2016. Expte. 27841/220.

b) Autorización de horas para o persoal do servizo de Conserxería correspondente ao 2º trimestre de 2016. Expte. 27633/220.

c) Autorización de horas para o persoal do servizo do Parque Central correspondente ao 2º trimestre de 2016. Expte. 27788/220.

d) Autorización de horas para o persoal do servizo de Inspección de Obras correspondente ao 2º trimestre de 2016. Expte. 27783/220.

e) Autorización de horas para o persoal do Taller de Vías e Obras correspondente ao 2º trimestre de 2016. Expte. 27772/220.

SERVIZO DA ÁREA DE CULTURA
21.- Subvención nominativa, mediante convenio de colaboración coa Asociación Cultural Noescafé Teatro para a organización do "Festival Alternativo de Artes Escénicas de Vigo-Alt'16". Expte. 751/330.

22.- Revisión de prezos do contrato de vixilancia de Seguridade e mantemento de instalacións de seguridade en centros e actividades da Rede Museística e Expositiva. Expte. 457/341.

23.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados spolo Servizo da Área de Cultura no mes de marzo de 2016. Expte. 789/330.

24.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Museos municipais no mes de marzo de 2016. Expte. 1490/341.

URBANISMO
25.- Dar conta do pase á vía de constrinximento de multa urbanística (expediente sancionador 15784/423). Expte. 8859/407.

26.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 8 de abril de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


00,0
Vigo, 6 de abril de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,



Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.