Caballero anuncia a "saída á rúa do fútbol sala", o día 17 con catro campos en Areal para nenos de 5 a 8 anos
O fútbol sala abandona os polideportivos para amosarse en plena cidade. O domingo 17 de abril, uns 800 xogadores de 5 a 8 anos disputarán a partires das 10:00 horas a primeira edición do Torneo Fútbol Sala na rúa, unha iniciativa da Aspofusa, asociación local de fútbol sala que organiza a Liga Concello de Vigo desta modalidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e membros da organización, anunciou hoxe a colaboración e o apoio municipal para esta iniciativa, que situará ata catro campos deste deporte ao longo de rúa Areal, no tramo entre a glorieta de acceso ao párking da estrela e a "Paellera". Serán dous mil metros cadrados dedicados durante unha xornada a este deporte. "Cortaremos a rúa ao tráfico. máis que as eliminatorias, o que importa é que os nenos e nenas xoguen e que fagan deporte na rúa", dixo o xefe do goberno municipal.
O rexedor agradeceu o apoio das firmas privadas (Hiperxel, Mazda e Kibuc Ulla), porque "é intesante que haxa patrocinios", e avanzou que o torneo, con dúas categorías (mini e benxamín), disputarase en formato de liga primeiro, para dar paso despois aos cruces eliminatorios.
A competición iniciarase ás 10:00 horas sen pausa ata as finais (19:00). "Este é un proceso novo. Aínda que xa estamos afeitos ao running como deporte na rúa, que forma parte habitual da paisaxe da cidade, agora sacamos o fútbol sala á rua", indicou Caballero.
Dende a Aspofusa agradeceuse o apoio do alcalde e do edil de Deportes. A competición é de balde para os 85 equipos inscritos (os que xogan a Liga Concello de Vigo).
Descargar todas as imaxes