O Concello manterá colaboración permanente coa Federación de Peñas do Celta
O alcalde recibiu este mércores aos representantes da Federación de Peñas, entidade coa que o goberno de Vigo manterá cooperación permanente e á que apoiará economicamente na celebración dos seus 25 anos no próximo 2018. Caballero tamén garantiu a súa reubicación durante as obras no estadio de Balaídos.<br />
Abel Caballero mantivo este mércores unha entrevista cos responsables da Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo, aos que lles trasladou a decisión municipal de establecer "un sistema de colaboración permanente" entre as partes.
Segundo informou o rexedor en rolda de prensa, a Federación propuxo tamén, e o Concello o aceptou cooperar economicamente na celebración dun evento polos 25 anos da entidade, que terá lugar no 2018.
Ademais, o alcalde asegurou á Federación que serán reubicados no momento no que comecen as obras de reforma da bancada de Marcador, onde teñen o seu local. Caballero engadiu que, ao remate da remodelación integral de Balaídos, o espazo do que dispoñan será incluso maior que o actual.
Descargar todas as imaxes